A Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública quere denunciar á opinión pública e aos profesionais sanitarios os contidos da Lei de Acompañamento dos Orzamentos do 2012 contén unha nova serie de medidas destinadas a restrinxir a asistencia sanitaria, a protección da saúde ambiental e a introdución do COPGO na Sanidade Pública Galega
1.- Restrinxe o dereito á saúde
· Suprime o dereito universal a asistencia sanitaria xa que será necesario levar máis de 183 días empadroado nun concello de Galicia para recibir atención sanitaria do Servizo Galego de Saúde (Sergas).
2.- Reduce o dereito á atención farmacéutica
· Elimina os servizos farmacéuticos de urxencias nos núcleos máis illados onde os usuarios dos núcleos quedarán sen farmacia de garda
· Eliminar a obrigación de manter un servizo de dispensación de medicamentos nos centros hospitalarios con menos de 100 camas (Hospitais Comarcais)
3.- Elimina a protección ambiental
· Deroga a Lei de Protección contra a Contaminación Acústica
· Suprime esixencia da avaliación de impacto ambiental aos proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal
4.- Introduce o COPAGO
· Cobrarase aos usuarios pola renovación ou reposición do cartón sanitario , o que supón unha novo imposto indirectos, cunha taxa que se aplicará a todos os cidadáns independentemente do seu nivel de renda por un servizo que ata agora era gratuíto,
Esta medida supón introducir na sanidade pública galega o copago, a pesar dos reiterados desmentidos do de Núñez Feijoo e doutros destacados membros do partido popular
A Asociación Galega para a Densa da Sanidade Pública alerta á opinión pública galega e aos sanitarios de que estas medidas son un aperitivo das que pensa adoptar o Partido Popular unha vez áchase feito co poder en todas as administracións do Estado
Manuel Martin Garcia
Portavoz Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública
Tno 669704177
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.