A Plataforma SOS Servizos Públicos recreou unha aula na praza Maior para denunciar os recortes en materia de educación por parte da administración.
O voceiro da plataforma, Anxo Pérez Carballo, explicou a MUNDOURENSE que se trataba dunha "aula onde de forma didáctica imos ver recortes específicos en materia de educación, que é outro servizo esencial que nós queremos defender". Pérez Carballo citou por exemplo a redución no número de profesorado en centros educativos ourensáns, con respecto ao curso anterior" no instituto do Carballiño hai 3 docentes menos, no instituto 12 de Outubro, hai 3 docentes menos, no Blanco Amor, 3, na Carballeira, 5, no Couto 3, no Otero Pedrayo 1, na Universidade Laboral, 7".
"Menos mestres, polo tanto menos calidade, iso é indubidable, non é un tema como nolo queren facer ver desde as administracións, de que os mestres se queixen unicamente que lle aumentan dúas horas lectivas ou lle conxelan o salario senón que estamos falando dun tema de calidade do ensino e polo tanto de calidade do noso futuro, se hai máis alumnos e menos profesores a calidade vai ser moito menor", explicaba o voceiro de SOS Servizos Públicos
Esta concentración é un dos actos lúdicos que desde a plataforma teñen previsto organizar antes do 20 de outubro, día no que está convocada unha manifestación en defensa dos servizos públicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.