sábado, 2 de julio de 2011


Acuña reclama a comparecencia de Farjas para dar conta do peche definitivo do Hospital de Piñor

A parlamentaria socialista Carmen Acuña ven de reclamar a comparecencia da conselleira de Sanidade diante do Parlamento de Galicia para dar conta do peche definitivo do Hospital de Piñor.

A parlamentaria socialista advirte da barbaridade que supón para a sanidade de Ourense pechar un hospital recen remodelado mentres sufrimos un “colapso” diario no Chou con pacientes “tódolos días amoreados nos corredores” á espera de ser ingresados.

Acuña sinalou que o peche deste centro hospitalario elimina un total de 71 camas mentres o resto do complexo aínda non está disposto para asumir eses 71 pacientes mas todos os q esperan a diario en urxencias pois atopándose aínda “en obras” para habilitar “ocos” q van resultar completamente insuficientes.

Advertiu que polo momento mentres se busca cómo situar aos pacientes que baixan de Piñor tralo seu peche que imos facer cos que están “amoreados en urxencias e todos os días agardan a espera de cama para ingreso nos corredores e en espazos de almacenaxe entre 35 e 50 persoas e sen sequera ter atención sanitaria” propia e adecuada”.

Esixiu á conselleira que explique os motivos do peche deste centro hospitalario, que vai ser reconvertido en psiquiátrico, “cando cada día estamos a ver as dificultades polas que atravesa a sanidade ourensá”. Lamentou que a Xunta teña decidido levar adiante o “peche definitivo” do centro “logo de que o ano pasado tiveran que rectificar grazas á presión cidadá”.

Dixo que a conselleira de Sanidade “demostra cada día que pasa a súa obstinación por danar gravemente a sanidade pública beneficiando á privada, nunha estratexia na que Ourense sae especialmente prexudicada”. Lembrou que o Plan Director do Chou continua “paralizado” mentres no orzamento lle destinaban a «irrisoria” cifra de 80.000 euros , o que o fai “impracticable” .

FUENTE: http://www.psdeg-psoe.com/2011/07/02/acuna-reclama-a-comparecencia-de-farjas-para-dar-conta-do-peche-definitivo-do-hospital-de-pinor/

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.