martes, 5 de julio de 2011


O Sergas precisa duplicar as camas para chegar a media europea

 Un informe destaca que o sistema de colaboración privada elixido pola Xunta para os hospitais de Vigo e Pontevedra multiplica por sete o custe dos centros. O baixo número de camas non só repercute na asistencia sanitaria, senón tamén no gasto hospitalario.


A rede do Sergas para estar na media da UE precisaría incrementar o número de camas en máis dun 100%, pasando así das 7.956 das que dispón na actualidade ata as 16.375. Este baixo número de camas non só repercute na asistencia sanitaria, senón tamén no gasto hospitalario. Segundo as estadísticas que publica o Ministerio de Sanidade, tan só o 5% das camas que hai no Estado se corresponden con prazas para enfermos crónicos, uns pacientes que supoñen ata o 35% dos totais.
 “Máis do 20% dos enfermos crónicos que acaban en hospitais de agudos, poderían ser atendidos en centros de media ou longa estancia”.

A FADSP arremete unha vez máis contra o modelo de construción dos hospitais a través das colaboracións público-privadas. “As experiencias que existen en Reino Unido sinalan un aumento dos custos de seis ou sete veces ao longo do tempo”. Este modelo, que xa multiplicou por sete o custe dos centros sanitarios madrileños é o que seguirá a Xunta de Galicia para os novos hospitais de Vigo e Pontevedra e os novos ambulatorios.

O copago é outro dos puntos que o informe busca desmentir. A pesar de que a organización recoñece que a media de visitas é superior a da UE, asegura que “temos un sistema moi baseado na Atención Primaria, con poucas camas hospitalarias, onde as consultas atenden máis problemas que no resto de países da UE”. Non obstante, a eficacia do copago coma método para conter o gasto é “irrelevante”, segundo o texto. Así, alerta de que esta medida pode rebaixar o número de consultas e incrementar os ingresos hospitalarios por un empeoramento das enfermidades que podería terse evitado.

Ver noticia completa en: http://www.xornal.com/artigo/2011/07/03/sociedad/sergas-precisa-duplicar-numero-camas-alcanzar-media-europea/2011070321151700463.html

1 comentario:

  1. LES COMENTO LOS FALLOS QUE HE TENIDO OCASION DE VIVIR ESTOS DIAS EN EL CHOU:
    COMPARTIR EL BAÑO ENTRE DOS HABITACIONES UNA DE HOMBRES Y LA OTRA DE MUJERES, NO ME PARECE LA MEDIDA MAS HIGIENICA PARA LOS PACIENTES.
    SON UNOS BAÑOS OBSOLETOS Y NECESITAN UNA REFORMA.
    NI QUE LOS ACOMPAÑANTES UTILICEN EL MISMO BAÑO, QUE EL PACIENTE.
    LA FALTA DE LIMPIEZA A FONDO EN LOS BAÑOS, PUES EN EL BAÑO QUE COMPARTIA MI MARIDO ESTUVO TODO UN DIA LA TAPA MANCHADA DE ESCREMENTOS Y TUVO QUE AVISAR ÉL QUE LA LIMPIARAN PARA PODER HACER SUS NECESIDADES.
    TENDRIA QUE HABER UNA SUPERVISORA QUE CONTROLARA LA LIMPIEZA.
    LAS LIMPIADORAS QUE PASAN POR LA TARDE SOLO CAMBIAN LAS BOLSAS DE LOS CUBOS PERO NO MIRAN SI ESTA LIMPIO EL BAÑO O SI HACE FALTA LIMPIARLO.
    EL TRATAMIENTO Y ATENCION AL PACIENTE POR PARTE DEL PERSONAL SANITARIO:"INMEJORABLE"
    CUIDEMOS ESTA SANIDAD QUE TENEMOS, NO DEJEMOS QUE ACABEN CON ELLA. GRACIAS POR TODO.

    ResponderEliminar

Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.