lunes, 18 de julio de 2011


Feijóo e Garmendia dan o visto e prace a un investimento sanitario de 90 millóns de euros

O Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía e a Xunta deron a súa visto e prace a dous proxectos innovadores en materia sanitaria que supoñen un investimento de 90 millóns de euros.

Trátase dos proxectos 'InnovaSaúde' e 'Hospital 2050', con 45 millóns de euros cada un. O primeiro, tal e como detallou a ministra, pretende "transformar" o modelo de asistencia sanitaria galego incorporando novas tecnoloxías para "avanzar, entre outros, nun modelo centrado no paciente". Mentres, o proxecto 'Hospital 2050' permitirá desenvolver en Galicia infraestruturas e instalacións sanitarias que, segundo Garmendia, "van revolucionar" a atención hospitalaria.  "Estes proxectos van supor unha excelente oportunidade para as compañías tecnolóxicas e van reverter nunha maior eficiencia e eficacia do servizo público prestado pola sanidade galega", recalcou. 

Os 90 millóns de euros necesarios para estes dous proxectos serán cofinanciados por Xunta (30 por cento) e Goberno central (70 por cento). "Falamos de deseñar o hospital do futuro, un hospital moderno, máis eficiente e próximo aos pacientes", remarcou.
A eles sumarán outros 35 comprometidos pola ministra, Cristina Garmendia, esta última contía a través dun préstamo reembolsable.

Alberto Núñez Feijóo destacou os 125 millóns de euros que suman estes tres proxectos, "moito diñeiro nestes tempos". "Estamos a falar do diálogo e o esforzo entre dúas administracións, que están a frutificar nestes tres proxectos que queremos formalizar nos próximos meses e que hoxe desatascamos, espero, de forma definitiva", indicou.

Ver noticia completa en : http://www.galiciae.com/nova/102318.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.