Consellería de Sanidade
DECRETO 163/2011, do 28 de xullo, polo que se regula a estrutura organizativa de xestión integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.
A Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, establece no seu artigo 97 que a modernización do sistema require a introdución de modelos de xestión que dinamicen o servizo público e garantan un marco de innovación tecnolóxica adecuado, co fin de obter maior rendibilidade social.
O Decreto 168/2010, do 7 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde, regula esta como instrumento de organización, sen personalidade xurídica, no ámbito periférico do Servizo Galego de Saúde, e sinala ao mesmo tempo os elementos básicos en que debe apoiarse a organización.
Deste xeito, co mantemento do mapa sanitario vixente coas áreas de Ourense e O Bar co de Valdeorras, establécese a organización da xestión no marco das políticas de redución e simplificación das estruturas administrativas.
É necesario, pois, adaptar a estrutura organizativa do Servizo Galego de Saúde existente en Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras á organización establecida no
Decreto 168/2010, do 7 de outubro, homoxeneizando as denominacións e as funcións da estrutura directiva existente.
Decreto 168/2010, do 7 de outubro, homoxeneizando as denominacións e as funcións da estrutura directiva existente.
Na súa virtude, de conformidade co establecido no artigo 43 da Lei 16/2010, do 27 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico en Galicia, e no artigo 34.5 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, por proposta da conselleira de Sanidade, cos informes previos correspondentes e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e oito de xullo de dous mil once,
DISPOÑO:
Artigo 1. Obxecto.
Constitúe o obxecto deste decreto a creación da estrutura de xestión integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, de acordo co establecido no Decreto 168/2010, do 7 de outubro, polo que se regula a estrutura organizativa de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde.
Artigo 2. Alcance.
O ámbito de actuación da estrutura organizativa de xestión integrada de Ourense é o que se establece no anexo deste decreto.
Artigo 3. Estrutura directiva.
1. A estrutura de xestión integrada estará formada por órganos unipersoais e órganos colexiados.
2. Órganos unipersoais.
Son os seguintes:
- Xerencia de xestión integrada.
- Dirección de procesos asistenciais.
- Dirección de recursos económicos.
- Dirección de recursos humanos.
- Xerencia executiva.
3. O órgano colexiado da estrutura de xestión integrada será a comisión de dirección.
Poderán constituírse as comisións necesarias para asesorar sobre a xestión clínica, xestión por procesos, docencia e investigación, calidade, seguridade e atención á cidadanía, ou calquera outra que se considere de interese.
Artigo 4. Funcións, requisitos e réxime de suplencias.
As funcións de cada órgano directivo, unipersoal e colexiado, así como os requisitos necesarios que deben cumprir os titulares dos órganos respectivos, réxime de suplencias e organización, serán os establecidos no Decreto 168/2010, do 7 de outubro, polo que se crean as estruturas organizativas de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde.
Disposición adicional única. Remisión normativa.
En todo o non regulado expresamente neste decreto observarase o disposto no Decreto 168/2010, do 7 de outubro.
Disposición transitoria única. Continuidade das comisións de asesoramento.
As comisións de asesoramento que na actualidade estivesen constituídas e en funcionamento, continuarán coa súa actividade ordinaria, en tanto non se regule a súa denominación e composición, de acordo co establecido no Decreto 168/2010, do 7 de outubro.
Disposición derrogatoria.
Quedan derrogadas todas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao establecido neste decreto.
Disposición derradeira. Desenvolvemento.
Facúltase a titular da Consellería de Sanidade para ditar, no ámbito das súas competencias, as disposicións necesarias para o desenvolvemento deste decreto.
Santiago de Compostela, vinte e oito de xullo de dous mil once.
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
Presidente
María Pilar Farjas Abadía
Conselleira de Sanidade
Conselleira de Sanidade
ANEXO
- Xerente de xestión integrada de Ourense.
- Director/a de procesos asistenciais.
- Director/a de procesos de enfermaría.
- Director/a de procesos con ingreso.
- Director/a de procesos sen ingreso e urxencias.
- Director/a de procesos de soporte.
- Director/a de recursos económicos.
- Director/a de recursos humanos.
- Xerente executivo de Verín.
- Xerente executivo do Barco de Valdeorras.
Esta estrutura xestionará todos os servizos sanitarios (atención primaria, especializada e sociosanitaria) dos seguintes concellos:
Xerente executivo do Barco de Valdeorras:
Barco de Valdeorras (O), Bolo (O), Carballeda de Valdeorras, Larouco, Manzaneda, Petín, Pobra de Trives (A), Rúa (A), Rubiá, Veiga (A), Vilamartín de Valdeorras, Viana do Bolo.
Xerente de xestión integrada de Ourense:
Allariz, Amoeiro, Arnoia, Avión, Baltar, Bande, Baños de Molgas, Barbadás, Beade, Beariz, Blancos (Os), Boborás, Bola (A), Calvos de Randín, Carballeda de Avia, Carballiño (O), Cartelle, Castrelo de Miño, Castro Caldelas, Celanova, Cenlle, Chandrexa de Queixa, Coles, Cortegada, Entrimo, Esgos, Gomesende, Irixo (O), Leiro, Lobeira, Maceda, Maside, Melón, Merca (A), Montederramo, Muíños, Nogueira de Ramuín, Ourense, Paderne de Allariz, Padrenda, Parada de Sil, Pereiro de Aguiar, Peroxa (A), Piñor, Pontedeva, Porqueira, Punxín, Quintela de Leirado, Rairiz de Veiga, Ramirás, Ribadavia, San Amaro, San Cibrao das Viñas, San Cristovo de Cea, Sandiás, San Xoán de Río, Sarreaus, Taboadela, Teixeira (A), Toén, Trasmiras, Verea, Vilamarín, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Xinzo de Limia, Xunqueira de Ambía, Xunqueira de Espadanedo.
Xerente executivo de Verín:
Castrelo de Val, Cualedro, Gudiña (A), Laza, Mezquita (A), Monterrei, Oímbra, Riós, Verín, Vilardevós, Vilariño de Conso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.